A ILLA> Continúan as humanizacións na contorna das Casas Modernistas da Illa. As melloras acometeranse na rúa Marqués de Bradomín, Alcalde Graña e na praza interior do Naval. Contan cun investimento de medio millón de euros, financiadas ao 100% pola Deputación de Pontevedra. A actuación contempla tamén a creación dun pequeno anfiteatro ao aire libre para actividades culturais de tamaño reducido.
O novo proxecto de humanización da contorna das Casas Modernistas suporá a reforma de tres rúas. A de Marqués Bradomín, Alcalde Graña e a praza interior do Naval. O proxecto suporá darlle continuidade á anterior fase. Neste caso, ten un investimento de medio millón de euros, financiado ao 100% pola Deputación de Pontevedra.
Para este proxecto vanse destinar 75.000 euros do Plan +Provincia. O restante ata o medio millón provén do Plan Extra do organismo provincial. A reforma terá unha compoñente estética, pero inclúe tamén a mellora dalgúns dos servizos, así como o soterramento do cableado en Alcalde Graña.
O proxecto inclúe tamén a creación dun pequeno anfiteatro nesta zona de xardín, coa idea de poder organizar neste espazo eventos culturais para un público reducido.
A intención do goberno local é que os traballos comecen despois do verán.











