ACOPERI critica o peche da lonxa de Ribeira

    Varios membros da asociación de compradores de pescado de Ribeira denunciaban o peche da lonxa. Os traballadores non entenden as causas de que un organismo público cese a súa actividade e secunde a folga sen ter en conta ós mariñeiros que non apoiaron o paro e seguen a desenvolver a súa actividade.

    Os traballadores que decidiron continuar coa actividade víronse obrigados a facelo nos exteriores da lonxa, sen controis de ningún tipo. O voceiro de ACOPERI, Manuel Tarrío, considera que é inaceptable que o concello tome este tipo de decisións sen ter en conta ós principais afectados que son os traballadores.

    Redacción Barbanza