O BNG faise eco das numerosas queixas polo mal funcionamento do transporte público na Barbanza

RIBEIRA> Os nacionalistas iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas para instar á Xunta  a solucionar tódolos problemas que de dan neste servizo.

Este é o testemuño dun dos moitos usuarios que denuncia o mal funcionamento do transporte público en Ribeira. Na maioría dos casos aluden a retrasos no horario, autobuses masificados de xente ou mesmo falla de información sobre as rutas…toda unha serie de problemas dos que vén de facerse eco tamén o BNG.

Os nacionalistas van a realizar unha campaña de recollida de sinaturas co fin de instar á Xunta e ó Concello a solucionar todas estas deficiencias que están a supoñer enormes prexuízos para os veciños.

Aínda así, dende o BNG apuntan a que non é un problema exclusivo de Ribeira, senón que o mal funcionamento do transporte público se estende tamén ó resto da comarca. Por esta razón presentarán tamén unha iniciativa parlamentaria na que lle solicitarán á consellería de Infraestruturas e Mobilidade que se resolvan todas estas deficiencias no servizo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí