O Concello de Pontecesures dispón xa da parcela correspondente ó selado do vertedoiro de Condide. A Xunta formalizou a pasada semana a entrega da obra finalizada comunicando ó Concello que agora deberá asumir a explotación da parcela, ademais de establecer un plan de vixiancia e control do selado.
A Consellería de Medio Ambiente entregou xa ó Concello de Pontecesures a obra rematada de selado e clausura do vertedoiro municipal. O pasado mes de xullo asinouse a acta de recepción da parcela entre ambas institucións. O Concello deberá agora asumir a explotación, mantemento e conservación da obra. Ademais, segundo o convenio firmado no seu día coa consellería, deberá remitir á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o plan de vixilancia e seguemento.
Neste sentido, o goberno municipal terá que revisar trimestralmente o sistema de drenaxe, coa inspección visual das canalizacións que o compoñen, así como posibles obstruccións. Tamén se fará un control da rede de recollida de lixiviados, poñendo especial interese en detectar posibles afundimentos ou levantamentos do terreo no que se asente o vertedoiro. O informe irá acompañado de fotografías.
As obras para o selado do vertedoiro de Condide remataron en xuño de 2005 e o concello xa pode utilizar a parcela para uso público.
Redacción Salnés