O executivo rianxeiro negocia a compra da casa de Manuel Antonio

    RIANXO > A Academia Literaria de Rianxo está máis preto de ser unha realidade posto que o executivo local está a negociar a compra da casa do poeta Manuel Antonio. A adquisición do inmoble será posible grazas á subvención de 200 mil euros aportada polo Ministerio de Cultura. As conversacións cos propietarios da casa están bastante avanzadas polo que o concello confia en materializa-la compra ó longo deste ano.

    A intención do executivo é adquirir as vivendas dos tres rianxeiros máis ilustres, Manuel Antonio, Rafael Dieste e Castelao,  para a súa conversión en museos que integren a academia literaria.Grazas á subvención concedida polo goberno central, o goberno xa iniciou os trámites para a adquisición da casa de Manuel Antonio  posto que os propietarios do inmoble amosaron a súa dsipoñibilidade á hora de vende-lo edificio.

    O rexedor rianxeiro, Pedro Piñeiro, considera de especial importancia a recuperación das tres vicendas para o patrimonio municipal e non descarta recorrer á expropiación no caso de que se presentasen dificultades.

    Ademais das tres casas museo, a academia literaria contaría cun auditoio que xa se atopa en construción e unha sede que podería ubicarse nas dependencias da actual biblioteca.O proxecto está en marcha dende o pasado ano cando se procedeu á elaboración do plan director financiado polo Ministerio de Cultura.O proxecto conta ademais co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña.

    Redacción Barbanza