Entrenamento médico para os equipos da Volvo Ocean Race

Xunto coas actividades organizadas entorno á Volvo Ocean Race, continúan en Sanxenxo os preparativos dos equipos. Unha das últimas actividades foi a das probas médicas. Os deportistas aprenderon a coser feridas, poñer inxeccións e facer inmovilizacións.

Varios tripulantes do ABN AMRO 1 e 2, do Brasil 1, do Ericsson, do Movistar e do Piratas del Caribe desenvolveron diversas probas médicas baixo a supervisión do equipo médico da regata, baixo a dirección de Timo Malinen, coordinador médico da Volvo Ocean Race.

A esixencia da regata, que dura oito meses nos que os barcos pasarán longas tempadas sen posibilidade de ir a porto, esixe que polo menos un membro de cada equipo coñeza os primeiros auxilios e o manexo do material médico de a bordo, de aí a importancia destas xornadas de entrenamento.

Os participantes levarán a bordo tres equipos de emerxencia con medicinas e útiles médicos, como vendas ou xeringas. Todo perfectamente distribuido en estuches de diferentes cores para facilita-la súa búsqueda en caso de necesidade.

Nas probas puidemos ver como os deportistas aprendían a coser e poñer grapas sobre carne animal e como se desenvolvían co instrumental médico. Diferente será cando teñan que aplica-los seus coñecementos en alta mar.

Redacción Salnés