Reabre en Vilagarcía a Tasca da Marina

    A Tasca da Marina, en Vilagarcía reabriu as súas portas. A empresa Negocios do Morrazo é a encargada de xestiona-lo establecemento nesta nova etapa. As súas especialidades serán as carnes á pedra e os arroces e fideuás.

    A Tasca da Marina é un dos establecementos máis emblemáticos de Vilagarcía. Dende as súas instalacións pódese contemplar unha fermosa vista da fachada marítima mentres se degustan os mellores productos da nosa terra. Dende hai uns días, o establecemento está rexentado por Negocios do Morrazo, unha empresa que aposta pola carne e os arroces como pratos estrela da súa extensa carta.

    Ademais dos diversos ambientes que podemos atopar dentro do establecemento, a Tasca da Marina segue a contar coa súa privilexiada terraza, onde tomar unha cervexa ou algún dos viños que ofrece a nova carta. Moitos o fixeron xa durante a festa de inauguración e o resto poden facelo calquera día na nova Tasca da Marina, no porto deportivo de Vilagarcía.

    Redacción Salnés