O Concello de Ribadumia inicia o día 2 o programa de acollida anticipada no colexio público

    O Colexio Xulia Becerra Malvar e o Concello de Ribadumia inician o vindero día 2 de novembro a acollida anticipada de nenos. Trátase de dar servizo ás familias que necesitar deixar os fillos no colexio antes da súa hora de apertura. Para elo habilitouse o antigo comedor e contratouse unha coidadora que os atenderá xa desde as sete e media da mañá.

    O Concello de Ribadumia porá en marcha o 2 de novembro un proxecto piloto de acollida no colexio público. O Consello Escolar e a ANPA do Xulia Becerra Malvar aceptaron a proposta formulada pola concelleira de Cultura, Asuntos Sociais e Xuventude, Lidia Álvarez. A iniciativa consiste na acollida dos nenos antes do horario escolar. O concello contratou unha coidadora que atenderá ós alumnos desde as sete e media ata as nove e dez, hora na que se inician as clases. Á súa vez, o centro pón a disposición destes rapaces o local do antigo comedor e material para entreterse. Durante este tempo de espera os rapaces tamén poderán levar o seu propio almorzo. 

    Trátase de facilitar a aquelas familias que, por motivos de incompatibilidade co seu horario de traballo e a hora de entrada ó colexio, non dispoñen de medios para achegar os fillos ó centro. Este servizo será sufragado na súa totalidade polo Concello de Ribadumia é terá carácter gratuito nesta primeira fase experimental.

    Redacción Salnés