
O Plan Integrado de Emprego “Emprega Salnés 4” imparte esta semana o seu curso de manexo de minipalas. Catro mulleres participan neste obradoiro co obxectivo de romper vellos esquemas e completar así o seu currículo para unha mellor promoción laboral.
Desenrolado pola Mancomunidade do Salnés a cuarta edición do seu Plan Integrado de Emprego volve a formar a un centenar de desempregados que realizarán durante un ano diversos cursos para a súa formación profesional.
Nos dous meses que leva en marcha xa se teñen desenrolado 11 cursos entre os que están o de carretilla elevadora e o de minipala que se imparte esta semana na nave que o Concello de Vilanova ten no Polígono de Tremoedo.
15 horas de formación eminentemente práctica na que participan catro mulleres.
Durante o resto do ano tamén se formarán en informática, manipulación de alimentos ou inglés. Aprenderán a sacarlle o mellor partido ao seu currículo e simularán entrevistas de traballo.
O obxectivo de inserción que se marca a mancomunidade é dun 45% e cren que poden superalo.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/11/curso_minipalas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/11/curso_minipalas.mp4{/flowplayer}







