Presentación do plan de ‘Normalización do comercio do Salnés’

    Os representantes dos centros comerciais urbanos do Salnés e o xerente da Fundación Comarcal coñeceron onte como avanza o plan de ‘Normalización do comercio do Salnés’. A empresa adxudicataria do proxecto presentoulles os resultados das enquisas feitas na comarca e que deixan de manifesto a visión que teñen os veciños e os turistas do comercio local.

    Moitas carencias pero tamén grandes posibilidades. É o que se deriva do estudo sobre o comercio do Salnés elaborado dentro do programa Proder II e cofinanciado polo fondo FEOGA-Orientación con 12.000 euros. O Consorcio do Comercio do Salnés e a Fundación Comarcal pretenden con este estudo coñece-las súas carencias para tratar de solucionalas. Agora serán os propios comerciantes os que cubran unha ficha onde da-la súa visión sobre a situación do pequeno comercio.

    Pero ademais de establece-las debilidades e a forma de solucionalas, o plan de normalización pretende tamén para buscar un logotipo común a tódolos comercios da comarca e crear servizos de atención ó público. O obxectivo é relanza-lo comercio local mellorando a súa imaxe e captando novos clientes, como poden se-los turistas.

    Redacción Salnés