SANXENXO> Sanxenxo organiza unha xornada de limpeza de pellets nas súas praias. Vai ser este vindeiro sábado, de xeito simultáneo en 21 areais do municipio. Ademais de persoas a título individual, o concello quere implicar tamén a colectivos culturais e deportivos, así como á comunidade educativa. Din que aproveitarán esta iniciativa para retirar tamén outros plásticos que vaian atopando pola area.
Son varios os concellos que organizaron nas últimas semanas recollidas de pellets nas praias. Unha iniciativa á que tamén se suma Sanxenxo, cunha limpeza de areais este vindeiro sábado.
Ademais de voluntarios a título persoal, no concello queren implicar tamén a colectivos sociais e deportivos, así como á comunidade educativa.
En cada areal haberá persoal que guiará ao grupo nas tarefas de limpeza. A acción vaise extender por 21 praias do concello, todas as que contan con bandeira azul.
Con todo, o impacto que está tendo a marea de pellets no concello de Sanxenxo é moito máis reducida que noutros municipios.
As persoas interesadas poden inscribirse contactando co concello. A limpeza terá lugar en horario de mañá, aproveitando a baixamar.











