VILAGARCÍA > Os veciños de tres comunidades de Vilagarcía afectadas polas obras do parquin da praza Xoan XXIII non dan arranxado o problema que teñen. Reclaman a reparación dos danos provocados durante a construcción do parquin e que agora a empresa négase a executalos. Este xoves desprazámonos ata esas tres comunidades e comprobamos a gravidade dos danos. Como mostra, a da fotografía.
Trátase da situación do garaxe do edificio Arealonga. Estructuras rotas, gretas e mesmo buratos que desencaixaron o teito e obrigaron á empresa a apuntalar o inmoble. Fixérono hai varios meses, ó igual que algúns arranxos que se aprecian nalgunha zona do garaxe. Pero dende entón, todo está igual. As primeiras reclamacións destas 3 comunidades, situadas na praza Xoan XXIII, en Juan Carlos I e en López Ballesteros, comezaron en agosto de 2.004. O concello e a empresa dixeron que todo se estaba facendo correctamente e que podían comprobalo. Así o fixeron. Contrataron un informe técnico e éste concluiu que os danos foron ocasionados por unha mala execución da obra.
En decembro do ano pasado comezan a arranxarse os danos menores, pero segue sen tocarse o garaxe e moitos outros danos ocasionados ós bens comúns, polo que volven a pedir unha solución. Non hai resposta ata moitos meses despois. En xuño técnicos de Teconsa e o encargado da obra revisan o garaxe pero tampouco se fai nada. A sorpresa dos afectados é que en agosto abre o parquin público sen arranxarse os danos, pese a haber un compromiso do concello de que non se lle daría licencia mentres non solucinasen tódolos problemas ocasionados.
Proinsa non está disposta a dar esas garatías nin a facerse carto dos arranxos do garaxe de Arealonga. Ésta foi a última sorpresa para os afectados que saíron da xuntanza do martes moi decepcionados.
Os afectados seguirán reclamando o arranxo dos desperfectos, a garantía que esixe a lei e as indemnizacións correspondentes. Hai que ter en conta que moitas prazas de garaxe levan meses ocupadas polos andamios cos que se apuntalou a estructura e os seus donos tiveron que pagar o alquiler doutra praza. O asunto está en mans dun avogado que estuda xa os próximos pasos a dar.
Redacción Salnés