Vilagarcía abre o Fexturrón para as persoas con diversidade funcional

VILAGARCIA> Vilagarcía celebra unha xornada de portas abertas do Fexturrón para os centros de diversidades funcionais de toda a comarca. Os mozos e mozas puideron gozar da ampla variedade de atraccións coas que conta o parque de atraccións instalado en fexdega. Dende o concello cualifican de moi valiosas estas xornadas, xa que permiten que todas as persoas gocen do Fexturrón e a súa vez, mellorar o espazo para facelo máis accesible.

A feira de atraccións creada polo concello de Vilagarcía, Fexturrón, non deixa de crecer cada ano. Decenas de nenos e nenas pasan cada día por Fexdega para gozar dos seus xogos. Pensando en abrir o espazo ás persoas con máis dificultades, o concello celebra unha xornada especial de portas abertas para todos os centros da contorna que traballen con persoas con diversidade funcional.

A xornada non só permite que as persoas con diversidade funcional gocen do espazo, tamén comparten a súa experiencia co concello e os organizadores para mellorar as atraccións e facelas máis accesibles.

Despois de dous anos marcados pola pandemia, e tras dúas semanas aberta, a sétima edición do Fexturrón é un éxito.

En total foron 200 persoas as que puideron gozar con esta xornada de portas abertasde toda a diversión que supón o fexturrón. A feira de atraccións estará aberta ata o 8 de xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí