Un ancián morre mentres bailaba no centro da tarceira idade do Grove

    O GROVE > O municipio do Grove viviu un tráxico suceso. Un ancián de 76 anos faleceu en estranas circunstancias cando se atopaba bailando no centro da terceira idade. Parece ser que o home comezou a sentirse mal e que caeu ó chan de repente.

    anciangrove_300_120606.jpgO suceso causou unha grande conmoción entre as numerosas persoas que se atopaban bailando onte pola tarde no Centro da terceira idade do Grove. A.G.A., de 76 anos caía ó chan para sorpresa dos compañeiros que non lle atoparan nada estrano mentres bailaba. Ata o lugar do suceso desprazouse a Policía Local, membros da Garda Civil e mais unha unidade médica que só puido certificar a morte do home. 

    No lugar dos feitos permaneceron moitos dos que estaban no baile e que non daban crédito ó acontecido. Tamén se achegaron familiares do finado ó enterarse da noticia, o que provocou momentos de emoción e dor. O cadáver permaneceu durante máis de dúas horas no interior do inmoble, ata que o xuíz de garda e o forense ordenaron o seu levantamento ás once e media da noite.

    Redacción Salnés