Dous feridos graves na explosión dun silo nunha carpintería de Ribadumia

RIBADUMIA> Explosión nunha fábrica de portas en Ribadumia. Dúas persoas resultaron feridas moi graves ó producirse unha deflagración nun silo cheo de labras de madeira. Os traballadores estaba a baleiralo cando se declarou un incendio e, pouco despois, acabou estoupando. Os dous traballadores permanecen ingresados na unidade de queimados do Hospital Povisa de Vigo.

A explosión ocorrida no interior deste silo deixa dúas persoas feridas. Ambas atópanse en estado moi grave na unidade de queimados do Hospital Povisa de Vigo.  Os feitos tiveron lugar pouco despois das 11 da mañá nesta fábrica de portas, situada na rúa Alfonsín de Ribadumia. Foron varios veciños da zona os que se puxeron en contacto co 112 ó escoita-los estoupidos.

Os dous operarios estaban a baleira-lo depósito cando no seu interior se declarou un incendio. Pouco despois na estrutura produciuse unha explosión.

Varios veciños da zona ó escoita-las explosións chamaron ó 112 para da-la voz de alarma. Decontado, puxose en marcha un dispositivo de emerxencia no que interviron a Garda Civil e os Bombeiros do Salnés.

A pesar de deixar un balance de dúas persoas feridas, o dispositivo de emerxencias non resultou moi complexo, aínda que si laborioso. A intervención dos bombeiros rematou pouco antes da unha do mediodía. Polo de agora, descoñécense as causas que desencadearon os feitos. O ocorrido xa se está a investigar.

Os dous traballadores feridos acabaron sendo trasladados polos efectivos sanitarios do 061 ó centro hospitalario vigués. Alí permanecen ingresados na unidade de queimados.