Unha charla da consellos ós pais sobre os fillos adolescentes

    CAMBADOS> ¿Qué pai ou nai non lle ten medo a adolescencia?, unha etapa necesaria pero crítica na maioría das familias con fillos. O responsable técnico do Plan Municipal de Drogas de Pontevedra ofreceu unha charla no auditorio de Cambados cargada de consellos para que os pais poidan sobrevivir as idades máis perigosas dos seus fillos.

    A adolescencia é unha etapa crítica que preocupa as familias. Os adolescentes están no punto de mira dos adultos que crean programas de risco dirixidos a evitar as malas influencias dos rapaces. O medo  a esta etapa dos propios pais crean na maioría dos casos desconfianza que se amosa na relación entre ámbalas dúas partes.

    A charla estivo baseada na comprensión dos rapaces en idade de adolescencia, no problema do consumo de drogas que nestes tempos se agudiza nos máis novos e as formas de evitar dende o seo da familia o contacto dos fillos con estas sustancias. Outro dos temas tratados foi o botellón, que estes días é noticia na maioría dos medios de comunicación polo vandalismo que na comarca está xerando.Unha etapa perigosa pero que ten a final de contas data de caducidade.

    Redacción Salnés