O BNG solicita manter a Lei dos 500 metros ata aprobar o POL

    pol_cambados_100_030510_copy.jpgCAMBADOS> Os nacionalistas presentaron no rexistro do concello as súas propostas para modificar o Plan de Ordenación do Litoral, un proxecto, din, ‘cheo de erros‘.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_POL_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Ós nacionalistas cambadeses non lles acaba de convencer o Plan de Ordenación do Litoral que propón a Xunta. Nin sequera despois de escoitar ó alcalde de Cambados asegurar que o documento non freará o desenvolvemento urbanístico da cidade, pois o goberno local pensa adaptar a futura redacción do PXOM ás liñas que marque o POL xa aprobado.

    Para os nacionalistas cambadeses o POL adoece de erros de fondo, coma este, pero tamén de forma. Faltas que consideran incomprensibles tendo en conta a relevancia e magnitude da norma.

    Por iso, mentres non se da coa redacción definitiva do Plan e se aproba, o BNG solicita que se manteña en vigor a lei dos 500 metros. Esta petición, xunto as demais propostas de modificación do POL, presentáronas no rexistro da casa consistorial acompañadas dunha solicitude dirixida ó alcalde, para que as remita á Administración Autonómica xunto as restantes aportacións realizadas polo concello.

    Redacción Salnés