O Grove celebra a terceira festa do centolo ata o 11 de decembro

    O GROVE> O Grove comeza hoxe a súa última cita gastronómica do ano, a terceira festa do Centolo. Ata o vindeiro 11 de decembro tódos os que queran degustar este preciado marisco o poderán facer en calquera dos establecementos colaboradores a prezos populares. Tele Salnés Barbanza achegouse ata a vila meca para saber como se están preparando estas xornadas.

    Para os que decidan preparar o centolo na íntimidade das súas casas a primeira parada é a praza de abastos. Os prezos baixaron bastante con respecto ó pasado ano xa que a cantidade é maior. O primeiro consello é elexir ben o crustáceo.

     

    Despóis é moi importante a preparación. O centolo cocido é máis coñecido ainda que pódense preparar moi variados pratos con este marisco como protagonista.

     

     

    Para os que prefiran degustar este manxar nun restaurante, no Grove hai establecementos colaboradores con estas xornadas que ofrecen o producto a un prezo moi rebaixado. O Crisol, é un deles. A súa colaboración basease fundamentalmente en dar prestixio a vila meca e potenciar a hostalería despois do verán.

     

    Pero entre os colaboradores tamén se atopan os establecementos que apoian as xornadas sen ter un salón propio de comidas. Este é o caso do Hotel Isolino, dende a primeira edición da festa do Centolo colaborou economicamente para fomentar o turismo nesta vila mariñeira.

     

    Unhas xornadas que comezan hoxe e rematarán o vindeiro 11 de decembro e onde o Centolo ou a Centola serán os únicos protagonistas.

    Redacción Salnés