O temporal deixa varios incidentes e imaxes impactantes

    SALNÉS > Árbores e postes caídos, contedores no medio das estradas e algún pequeno muro derruído foron as principais consecuencias do temporal de chuvia e vento que sufrimos dende as primeiras horas da madrugada ata ben entrada a tarde do xoves. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais en ningún dos casos.

    temporal_300_230306.jpgA chuvia e o vento foron os protagonistas. Bombeiros e Protección Civil tiveron que traballar arreo dende primeiras horas da madrugada para retirar árbores e postes da luz caídos, recoller contedores e pezas do mobiliario urbán e desaugar alcantarillas que rebordaron por mor da intensa chuvia.

    En Vilagarcía tamén se produciron algunhas inundacións, como a dunha oficiña de La Caixa situada na Baldosa, e a caída de varios muros sen maiores consecuencias. Onde sí houbo consecuencias foi en Caldas onde dúas árbores caeron enriba de coches provocando importantes danos materiais. Un dos sucesos tivo lugar na rúa José Salgado onde unha das árbores do xardín caeu sobre a calzada, sobre unha fachada e tamén sobre un coche. Isto provocou algunhas retencións xa que houbo que cortar un dos carrís de circulación, pero afortunadamente non houbo danos persoais. Tampouco os houbo no outro suceso que tivo lugar no Campo da Torre.

    No mar a flota permaneceu amarrada,  e en terra quen  tivo que saír á rúa amarraba como puido os paraugas e buscaba os soportais para abrigarse das inclemencias climatolóxicas, algo difícil nalgúns momentos do día. Espérase que a situación mellore algo nas vindeiras horas anque non se esperan grandes cambios durante toda a fin de semana.

    Redacción Salnés