CAMBADOS> A asociación de vendedoras de peixe do Salnés reuniuse esta tarde coa delegada de Innovación e Industria, Montserrat Prado, para pedir que se regularice correctamente o sector. Segundo esta agrupación existen vendedores ilegais que non cumpren a normativa tanto na venda nas lonxas como na venda ambulante.
A asociación de vendedores de peixe do Salnés leva moitos anos queixándose da súa situación. Actualmente existe dentro do sector unha gran parte de vendedores que non cumpren a normativa existente. Segundo a presidenta da asociación, Consuelo Galiñanes, hai moitas persoas que pagan por unha soa actividade e traballan en máis dunha.
Outra das queixas baséase na situación das lonxas. Segundo este colectivo aquí véndense os productos a persoas que non teñen nada que ver coa venda de peixe. Do mesmo xeito critican que existe nas lonxas mandos ilegais.
A delegada de Innovación e Industria, Montserrat Prado, escoitou as peticións deste colectivo e presentou accións que dende a xunta se poden levar a cabo para a regularización do sector.
Redacción Salnés