O Concello de Vilanova recibe mañá ós participantes no Encontro Acamfe 2005. Serán sesenta representantes de trinta e cinco casas museo que participarán o xoves en diversas ponencias e actividades deste congreso. Coincidindo con esta cita, o concelleiro de Cultura, José Juan Durán, presentou hoxe trece novos libros de Valle-Inclán, adquiridos para o Cuadrante.
A Casa Museo de Valle-Inclán, en Vilanova, vén de incorporar ós seus fondos bibliográficos trece novas obras do ilustre escritor. Destacan as primeiras edicións dos libros de poesía, Aromas de Leyenda. Versos el loor de un santo ermitaño, e La pipa de Kif. Con éstas complétase a obra poética de Valle.
O Concello de Vilanova tamén adquiriu outras primeiras edicións, como La hija del capitán, El marqués de Bradomín: coloquios románticos, La cabeza del dragón, Otra Castiza de Samaria e Eulalia. A relación de obras complétase con títulos como Memorias del Marqués de Bradomín, que inclúe as Sonatas de primavera, inverno, estío e outono; La Guerra Carlista: Gerifaltes de antaño; Flor de Santidad. Historia Milenaria; e a máis antiga, Xardín Novelesco. Historias de Santos, de almas en pena, de duendes y ladrones. Ésta é ademais a obra escollida para a lectura pública que se celebrará o venres.
O goberno municipal investiu uns 3.000 euros na adquisición destas obras. Con esta nova remesa, os fondos bibliográficos do Cuadrante superan xa as setecentas publicacións.
Redacción Salnés