![]()
VILAGARCÍA > A pesar do longo debate, finalmente houbo unanimidade no pleno de Vilagarcía e aprobouse a incorporación …
{flowplayer}images/salnes/pleno.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > A pesar do longo debate, finalmente houbo unanimidade no pleno de Vilagarcía e aprobouse a incorporación da Policía Local nos grupos laborais C e B, desestimando así a alegación presentada por UXT. Os traballadores do concello trasladaron a súa división ó mesmo salón de plenos.
A división dos traballadores do Concello de Vilagarcía trasladouse onte ó pleno. O motivo é a incorporación da Policía Local ós grupos laborais C e B, de acordo coa nova lei autonómica. A corporación xa o aprobara inicialmente e por unanimidade en novembro. UXT alegou porque discrimina ó resto do cadro de persoal municipal.
O asunto tamén propiciou un cruce de reproches entre os grupos municipais. O PP pediu que se retirase este punto e se crease unha mesa de negociación, ó tempo que criticaba a xestión do goberno local neste asunto. O PSOE negou calquera discriminación e lembrou varias medidas en materia laboral. Finalmente, e a pesar do debate e cruce de acusacións, tódolos grupos votaron a favor do punto, arrancando os aplausos dun bando e deixando coa boca aberta ós do outro.
Onte tamén se falou de Castroagudín no pleno. Esquerda Unida solicitara a comparecencia da alcaldesa para que explicase as xestións do equipo de goberno. A rexedora acusounos de facer ruído mentres o Concello dialogaba, A rexedora concretou que se acadou a reducción da cota do terraplén, o arranxo da praza e mellores comunicacións.
Redacción Salnés









