O Arosa S.C. celebra cun xantar en Fexdega polo seu 60 aniversario

VILAGARCÍA > E trala inauguración do Campo da Lomba, os asistentes ó acto desprazáronse ata Fexdega. Alí tivo lugar o xantar para celebrar o sesenta aniversario do Arosa S.C. Unha comida na que houbo palabras para destacar o labor do clube e espazo para a lembranza.

Entre as persoas que estiveron no xantar de conmemoración do sesenta aniversario da entidade deportiva, atopábanse autoridades, membros e ex membros da directiva, deportistas, familiares e ex-xogadores, como Fernando Lezcano, o xogador que máis partidos desputou como xogador do Arosa.

No acto tamén estivo presente o presidente da Federación Galega de Fútbol, Julio Meana, e mais Javier Bouzada, o encargado de escribir o libro ‘Arosa S.D., 60 años de historia’ publicado coincidindo co aniversario do clube. Tras lembrar vellos momentos durante a comida, unha das partes máis emotivas foi na que se fixo entrega das insignias, entre elas, a título póstumo ó xogador Ramoní, que a recolleu a súa viúva.

Redacción Salnés