Núñez Feijoo presenta a súa candidatura en Arousa

    VILAGARCÍA > Alberto Núñez Feijoó reuniuse cos afiliados do Partido Popular en Vilagarcía  para presentar a súa candidatura a presidencia do partido en Galicia. O deputado estivo arroupado polo presidente local Tomás Fole, o presidente da provincia Rafael Louzán e alcaldes e concelleiros da comarca.

    feijoomicrotvsb300.jpgA proposta do deputado Alberto Núñez Feijoo basease nun cambio xeracional no partido. Para Núñez Feijoo a retirada do presidente fundador do partido Manuel Fraga representa unha oportunidade para cambiar a imaxe do equipo popular e buscar o apoio dos máis xóvenes.

     

    O auditorio de Vilagarcía encheuse de afiliados que querían amosar o seu apoio a proposta de Núñez Feijoo. Entre as caras máis coñecidas da comarca atopábase o presidente local Tomas Fole, a deputada Marta Domínguez,  os concelleiros populares da Illa de Arousa, o vicepresidente da Deputación Jose Juán Duran, o alcalde de Cambados Xosé Manuel Cores Tourís, o dirixente de Meaño Jorge Domínguez  e o  presidente do partido na provincia Rafael Louzán.

     

    Redacción Salnés