O Grupo Junquera sitúase colíder en 1ªNacional B

futbolsala250_230908.jpgSALNÉS > Bo arranque ligueiro do Grupo Junquera. Os vilagarciáns sumaron a súa segunda victoria da temporada en Arzúa o que lles permite ser agora colíderes na clasificación xeral. Menos sorte correu o Hermanos Barbeito que non pasou do empate na casa ante o Trabada.

Partido moi raro o que disputou o Grupo Junquera en Arzúa, en parte porque non chegou a rematarse. Pese a iso os puntos viaxaron cara Vilagarcía.

A primeira metade non foi boa; o conxunto de Diego Mollinedo non entrou ben no encontro, quizáis demasiado pausado. De tódolos xeitos era superior ó rival e creaba ocasións de gol, aínda que faltaba a chispa para materializalas.

Sí que se puxeron en vantaxe a cinco para o descanso, despois de que Oscarín convertese un dobre penalti; a ledicia tan só durou catro minutos, tempo que tardou o Concello de Arzúa en empatar o encontro, tamén de dobre penalti.

Pero as cousas cambiaron radicalmente na segunda metade. O Junquera meteulle un par de velocidades máis ó seu xogo e o Arzúa, peor físicamente, sufríu moito. Así, Gelabert, dúas veces, e Fran puxeron pronto o 1-4, que xa sería definitivo.

Os locais tentaron entón parar o xogo a base de patadas e os árbitros non pasaron polo aro. Caldeouse moito o ambiente e dous xogadores locais viron o cartón vermello, un por revolverse violentamente nunha pugna por un balón con Kinso e outro por entrada a destempo a Fran.

As lesións cos que acudía o Arzúa ó encontro fixo que se quedasen con tan só tres xogadores disponibles polo que os colegiados decidiron rematar o encontro cando restaban seis minutos e medio por disputarse. Os puntos veñen cara Vilagarcía e o Junquera sitúase segundo na xeral.

Non lle foron tan ben as cousas o Hermanos Barbeito, que empatou na casa ante o Concello de Trabada (7-7). Partido moi bonito de ver para o espectador, con moitas alternativas no xogo e no marcador. Os portonoveses chegaron a ter dous goles de vantaxe na segunda metade, pero deixáronse remontar.

A un minuto para o final, con 6-7 no electróhnico, Lito poñía un empate que puido ser victoria se os árbitros non anulasen un gol do propio Lito no derradeiro segundo; o balón ía polo aire e segundo os colegiados a bociña sonou antes de que o esférico entrase na portería.

Así as cousas o Hermanos Barbeito continúa na parte baixa da táboa con tan só un punto sumado de seis posibles.

Redacción Salnés