Ingresa en prisión o único detido polo doble crime de Cambados

    CAMBADOS > Xa descansan no cemiterio de Santa Mariña Dozo os dous xóvenes asasinados o venres en Castrelo. Numerosos veciños e amigos acompañaron ás familias no funeral e posterior soterramento. Mentres tanto ingresaba en prisión o único detido polo momento por este caso.

    Ricardo Feijoo e o seu curmán José Ángel Feijoo foron soterrados no cemiterio cambadés de Santa Mariña, tralo funeral conxunto ó que asistiron moitos veciños e amigos dos falecidos así como a súa familia. Ricardo chegou á igrexa dende o tanatorio do Salnés onde foi velado o seu corpo nas últimas horas, mentres que o seu curmá o fixo dende a súa casa de Corvillón. Unha gran comitiva seguiu o coche fúnebre polo centro de Cambados a primeira hora da tarde ata a igrexa, onde se oficiaron os funerais.  Dende aí, os dous falecidos foron trasladados ata o cemiterio parroquial, un pequeno treito que os familiares, visiblemente emocionados, percorreron a pé. Numerosas coroas de flores deixaron constancia do pesar da familia e os amigos de Ricardo e José Ángel, que arestora descansan nos seus panteóns familiares. Pero o caso está lonxe de pecharse, xa que aínda quedan por coñecer moitas cuestións. Polo momento o único detido por este caso ingresou en prisión. Trátase do coruñés que supostamente alquilou o coche no que fuxiron os asasinos e que apareceu queimado en Portugal. O home estivo máis de cinco horas declarando nos Xulgados de Cambados onde negou a súa implicación no caso. Sen embargo o xuíz decretou o seu ingreso en prisión.

    Redacción Salnés