VILAGARCIA> A labor que realiza Cáritas na sociedade é moi importante. Este xoves dende a Praza de Galicia, en Vilagarcía, membros da ONG conmemoraron o Día Sen Fogar e o seu presidente na demarcación arousá reivindicou a importante labor que se fai dende a Casa San Cibrán. Situación moi difícil a que aínda viven moitas persoas. O Día Sen Fogar chega como unha reivindicación a un dereito que debería ser de todos. Cáritas Interparroquial de Arousa elixiu este xoves, para saír a rúa e denunciar que aínda hai moitas persoas que necesitan axuda. O acto centrouse na lectura de un manifesto, así como unha pequena exposición que se situou no interior da pequena carpa instalada na coñecida praza vilagarciá. O presidente da entidade en Arousa sinalou na súa comparecencia ante os medios a necesidade de recordar que aínda hai moita xente vulnerable, así como a importancia da Casa San Cibrán na que actualmente hai acollidas unhas 8 persoas das 14 prazas dispoñibles.
Inicio Salnés - Caldas









