Expertos en crime organizado buscan novas probas no entorno de Serantellos

    CAMBADOS > A policía científica continúa inspeccionando a zona onde foron asasinados os dous curmáns cambadeses. O lugar de rastrexo foi ampliado para atopar novas probas que den cos autores dos asasinatos. Na investigación será clave a muller de Ricardo Feijoo.  

    A pesares de estar parcialmente calcinados, puido saberse que os dous estaban atados e amordazados. Ó parecer chegaron así ata o muiño de Serantellos, en Castrelo, dende a casa de Ricardo Feijóo Vázquez, un chalé situado en Barrantes, na ribeira do Umia e que, a pesares de estar dotado dun potente sistema de vixiancia, como se indica no propio portal, puido ser traspasado polos asasinos, que entrarían na casa golpeando á muller de Ricardo e chamando a éste para que acudira. Posteriormente farían o mesmo co seu curmá, José Ángel Feijóo.

    Os dous serían atados e trasladados ata o apartado muíño de Castrelo onde se executou o terrible final. Eran as doce da noite do venres. Esta hipótese explicaría tamén porque a muller de Ricardo acudiu ó cuartel da Garda Civil para denunciar un secuestro. Sabía quen eran os responsables e que querían. Quizais por iso o delegado do goberno, Manuel Ameijeiras, confía en resolver este caso totalmente. Para iso estanse poñendo tódolos medios posibles. Á garda civil uniuse un grupo de expertos en crime organizado e policía científica que continúa rastrexando o lugar dos feitos.

    Redacción Salnés