PSOE, Somos e BNG retoman as conversas para a confección dun tripartito en Cambados

CAMBADOS> PSOE e Somos Cambados retoman o contacto co BNG para a creación dun posible goberno bipartito. Tres meses despois da ruptura das negociacións, as tres forzas intentan agora limar asperezas, co obxectivo de garanti-la gobernabilidade do municipio, agora cun goberno en minoría. En Somos Cambados din que a porta sempre estivo aberta para o Bloque. A alcaldesa, entre tanto, prefire gardar silencio.

O PSOE, Somos Cambados e o BNG volven retoma-las conversas de cara á confección dun goberno tripartito. Despois de varios meses co diálogo rachado, as tres forzas aparcan as súas diferencias e sentan de novo falar.

Tino Cordal insiste en que Somos Cambados mantén a mesma postura que a manifestada tralas eleccións municipais. Di que Cambados merece un goberno forte e que o pacto entre as tres forzas é posible.

De fondo, neste novo período de negociacións, o acordo xa selado entre o PSOE e Somos Cambados. Ese pacto foi elaborado entre eses dúas formacións e convidaban ó BNG a unirse. Tino Cordal entende que ese documento é válido para integrar ós nacionalistas no executivo.

O  líder de Somos Cambados foi hoxe o único que deu explicacións sobre as negociación do bipartito co Bloque. Dende o PSdeG, desta volta, prefiren gardar silencio. A alcaldesa Fátima Abal limitouse hoxe a confirmar que o vindeiro martes haberá unha segunda reunión a tres bandas.