A partida destinada ó Club Náutico ameaza con forzar ó peche da entidade

    pleno_orzamentos_pontecesures_100.jpgPONTECESURES > Xa están aprobados os orzamentos para o 2008 de Pontecesures. Foi preciso o voto de calidade da alcaldesa, Maribel Castro, para que saísen adiante, dado

    … o empate rexistrado entre o tripartito e a oposición. Os nacionalistas criticaron a tardanza da aprobación dos presupostos, que ascenden ós 2,1 millóns de euros, cando xa case estamos no último trimestre do ano, e tamén cuestionaron o seu carácter “pouco realista”.

    O BNG subliñou que non inclúen o custe da depuradora municipal, que hai unha desproporcionada subida do custe da partida das festas e celebracións, así coma o incremento dun 3 por cento dos soldos da alcaldesa, e do edil do PP, Rafael Randulfe. Uns aumentos que veñen pares o detrimento na inversión en gastos sociais, que baixaron nun 14 por cento respecto ó pasado ano. Pero, sobre todo, un dos puntos que máis criticou a oposición foi a redución da subvención concedida polo Concello ó Club Náutico de Pontecesures, unha entidade en crecemento deportivo e social.

    Ó club deportivo asígnanselle este ano uns 6.500 euros de axuda, unha cantidade que baixa por segundo ano consecutivo. Dende o Concello argumentan que este ano se destina a maior cantidade municipal, 16.000 euros, ás asociacións culturais e deportivas da vila, e lembran o seu apoio ó club de piragüismo cos 4.000 euros para o mantemento do club, e 30.000 para a reforma da nave deportiva. Porén para os deportistas do club náutico, que tamén acudiron ó pleno para reclamar máis subvencións, a cantidade aportada á súa entidade non é suficiente polo que non descartan con ter que pechar as súas portas este ano.

    Redacción Salnés