O Arosa e mailo Vilalonga perden fóra e vence o Céltiga na casa

AROUSA > O xoves houbo xornada en terceira división. O Arosa xogou en Vigo contra o Bouzas e perdeu por un tanto a cero. Tamén perdeu o Vilalonga, que xogou fóra contra o Betanzos, por dous goles a cero. Dos que xogaron onte o único que venceu foi o que xogou na casa: O Céltiga.

Os da Illa camiñan con paso firme na súa división de xogo e atópanse a un só punto de poder desputar o play off. O Céltiga impúxose con claridade onte ó Lalín ós que gañou por tres goles a un que marcaron no minuto 34 Silvio, e no 50 e 60 Jose, este último de penalti.

Tan só cara o final os doLalín lograron amortigua-la derrota cun gol no minuto 87, que deixou un marcardor definitivo de 3 a 1. Un partido no que os de Manuel Núñez venceron comodamente ós do Deza, que remataron con oito xogadores por mor da lesión de Manu e as expulsións de Borja e de Toño. O  Céltiga sitúase así no quinto posto da liga.

 

Redacción Salnés