SANXENXO > Membros da Asociación estival de Artistas e Artesáns do paseo de Silgar reuníronse esta mañá con Catalina González …
… alcaldesa de Sanxenxo, para chegar a un acordo respecto ó lugar de colocación dos postos. A Asociación contaba con máis de 5.500 sinaturas para respaldar a súa proposta de permanecer onde sempre, no Paseo de Silgar.
No período estival o Paseo de Silgar énchese de artistas e artesáns que fan as ledicias de tódolos turistas e veciños. Estas mesmas persoas conforman a Asociación estival de Artistas e Artesáns do Paseo de Silgar que esta mañá se reuniron coa alcaldesa de Sanxenxo para evitar un cambio de localización dos postos na próxima tempada.
A Asociación acudiu á reunión con 5.500 sinaturas de veciños e turistas que apoiaban a súa proposta de permanecer no paseo e que ratifican a súa afirmación de que non obstaculizan a circulación dos peóns nin das persoas de mobilidade reducida. Esta foi a primeira fase de recollida de firmas planeada pola Asociación posto que tiñan previsto continuar de non chegar a ningún acordo co concello. Finalmente non foi necesario posto que na reunión chegouse ó acordo de que os postos continúen no Paseo de Silgar.
Novidades para o príximo verán:
Nembargantes nos vindeiros anos haberá novidades. Dende o concello teñen previsto que en se restrinxa a montaxe de postos ás persoas que teñan un carné municipal de artesanía, que os postos sexan de menor tamaño para ocupar menos beirarrúa e que se unifique a estética dos postos.
Redacción Salnés