VILAGARCÍA > Vilagarcía deu a coñecer as obras que o Goberno municipal acordou solicitar para a inclusión no Plan de Cooperación e no Plan Operativo Local 2.006. No primeiro proponse a pavimentación de varios camiños das parroquias vilagarciáns. No segundo plan incluíuse ampliación do Centro Sociocultural de Carril e a mellora da rede de saneamento de Arzobispo Gelmírez como obra complementaria.
As obras incluídas nos plans de cooperacións fináncianse a través dos Fondos Feder, os Fondos Estatais, os Fondos da Deputación e os Fondos Municipais. No Plan Opertativo Local o goberno Municipal incluíu a Ampliación do Centro Cultural de Carril. O presuposto e de 215.252 euros, o concello debería aportar un vinte por cento por tratarse dunha obra cultual. No caso que este proxecto non se acepte, como obra complementaria estaría a mellora da rede de saneamento de Arzobispo Germírez.
No plan provincial de cooperación presentouse a Pavimentación dos camiños de La Rosa- Carril, Carballido- Cea, Travesía dos Borrizos- Cornaza, Rúa oito de marzo- Trabanca Badiña, Caldihuela- Pereira- Guillán e Pumariño- Cornazo. O presuposto ascendería a 151.765 euros. A obra complementaría proposta sería a mellora da rede de saneamento de Santa Eulalia por un valor de 151.765 euros.
Redacción Salnés