Un plan de recursos humanos aprobado con transparencia

    plan250_211009.jpgVILAGARCÍA> O concelleiro de persoal de Vilagarcía, Rafael Membrives, presentou o acordo para o Plan de Ordenación dos Recursos Humanos do Concello.

    {flowplayer}images/salnes/PLAN_RRHH_VILAGARCIA.flv{/flowplayer} 

    O acordo definitivo de Recursos Humanos, aprobado o pasado luns 19, levouse a cabo dende un consenso pleno entro os sindicatos de Comisiones Obreiras, o CSIF e CIG. O plan recolle tres puntos fundamentais: a estabilidade do emprego, a optimización de recursos e unha plantilla profesional. O concelleiro de persoal, Rafael Membrives, destacou que o diálogo produciuse sempre con total transparencia.

    Pola súa parte, os sindicatos están moi satisfeitos co proxecto, levado a cabo dende exercicio de responsabilidade. Pese a todo, declararon que seguirán vixiantes para que o proceso sexa transparente e igualitario.

    O concelleiro de persoal e os responsables dos sindicatos afirmaron que era unha pena que UXT non se presentara a mesa de negociación. Con este novo plan aumenta a dotación de recursos para emerxencias, muller e seguridade entre outros. Do mesmo feito, o coordinador de emerxencias pasará a ter un carácter eventual no 2010.

    Redacción Salnés