Tentan estafar a varios veciños facendose pasar por técnicos de gas

    estafacopy.jpgBAMIO> Os feitos aconteceron esta semana. Trátase de dous mozos que se identificaban coma os encargados de facela revisión do butano.

    {flowplayer}images/salnes/DENUNCIA_ESTAFA_GAS_BAMIO.flv{/flowplayer}

    Viaxan nun coche, van uniformados e levan con eles bolsas de deportes. Estas son as características dos dous supostos estafadores que esta semana tentaron enganar a varios veciños de Bamio, argumentando que querían facela revisión do butano. María Barreiro foi unha deles. Tal e coma nos relatou presentáronse na súa casa cando estaba a súa filla soa. Conseguiron entrar e recadar 48 euros. Ó volveu a casa, e tras coñecer o sucedido, foi detrás deles e recuperou os cartos.

    Algo similar lle aconteceu a Manuel aínda que na súa casa non chegaron a entrar. O feito de que xa lle fixeran a revisión en xaneiro e que non os avisaran con antelación levantou a alerta nesta vivenda.

    Este veciño mesmo nos contou que tentaron facelo mesmo nunha vivenda próxima pero non se atopaba ninguén no seu interior. En ambos casos, era a primeira vez que lles pasaba algo destas características. Agora, quixeron dalo a coñecer para alertar ós veciños dos arredores.

    Cabe lembren que as empresas de subministro de gas informan previamente ós seus clientes para concertalo día para facela revisión.

    Redacción Salnés