Luís Bárcenas e a corrupción, protagonistas do Momo 2013

     VILANOVA> A corrupción volveu a ser o eixo da celebración, como xa acontecera o ano pasado

    {flowplayer}images/salnes/MomoVilanova_250213.flv{/flowplayer} 

    Aínda que non era idéntico fisicamente, este que teñen aqui é Luís Bárcenas, ex tesoureiro do Partido Popular, ó que este ano tocoulle ser o Momo. E é que por segundo ano consecutivo, a corrupción volveu a ser a protagonista da festa vilanovesa. Se ben no momento álxido, na quiema, foron miles as persoas do muncipio e visitantes de toda Galicia que estiveron presentes, xa durante a tarde o aspecto que presentaban as rúas do pobo era espectacular.

    En torno á figura de Bárcenas, vestido de tirolés en referencia as contas bancarias en Suiza, tamén estiveron outros acotres principais das diferentes tamas de corrupción. Non faltaron os sobres, os billetes de 500 euros, o confetti de Ana Mato ou as referencias á Casa Real, en especial a Iñaki Urdangarín.

    Logo, coma sempre un pouco de todo: os policías, os gardas civís, os romanos ou as propias Monster High. Os colectivos habituais neste tipo de citas non faltaron, como os Remolóns de Vilaxoán, As Vellas Glorias ou Os Golfiños. A animación foi medrando conforme íase achegando a noite.

    O discurso correu a cargo de Xacobe Pérez que contou coa inestimable colaboración doutro clásico neste festa, Tonhito de Poi. Todos fixeron deste Momo unha festa para non esquencer, por moito que houbera que agardar por ela, por mor deste chuvioso 2013.

    Redacción Salnés