Descofianza entre as praceiras de Vilaxoán ante o proxecto de renovación da praza de abastos que consideran ‘urxente e necesario’

VILAXOAN> A pesar de que Vilagarcía presentou o proxecto para a reforma da nova praza de Vilaxoán, as praceiras non terminan de estar satisfeitas. Segundo advirten, o concello non se puxo aínda en contacto con elas e descoñecen que pasará cando comecen as obras. Tampouco foron aceptadas todas as súas peticións, pero ao menos, agardan que o proxecto siga adiante porque a praza necesita a reforma de forma urxente.

O concello de Vilagarcía ten previsto un proxecto orzamento en 230 mil euros para renovar a praza de abastos de Vilaxoán. Un proxecto que xera desconfianza entre as praceiras da vila. Segundo advirten, o concello aínda non se puxo en contacto con elas para informalas.

O que máis preocupa as praceiras é coñecer que pasará con elas cando comecen as obras.

As praceiras mantiveron contactos co concello hai máis dun ano para facer as súas reclamacións. Peticións que non todas se ven reflexadas no proxecto.

A pesar de non incluír todas as súas peticións. As vendedoras agardan que o concello continúe co proxecto e renova a praza, xa que aseguran, as instalacións necesitan unha reforma urxente.

A renovación da praza tamén era unha reclamación de toda a veciñanza de Vilaxoán. Os clientes sinalan a importancia da reforma.

O concello agarda poder licitar o proxecto nas vindeiras datas. O goberno local está pendente da aprobación da súa financiación por parte da Deputación de Pontevedra a través dos fondos Edusi e do plan concellos para poñelo en marcha.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí