A TIR acollerá a Exhibición de Doma con cabalos pura raza galega

    exhibicion_cabalarcopy.jpgVILAGARCÍA> O espectáculo terá lugar mañá, sábado 19, a partir das sete. Traballos en rédea longa, sincronizados ou en tándem son algúns dos atractivos da proposta.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_ESPECTACULO_CABALAR.flv{/flowplayer}

    A partir das sete da tarde deste sábado día 19, a explanada TIR de Vilagarcía converterase no epicentro dos amantes dos cabalos pura raza galega con motivo da exhibición cabalar de Alta Escola e Doma en liberdade que se desenvolverá nese espazo.

    Esta iniciativa, organizada pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, enmárcase dentro do programa de actividades deseñado para as Festas de Santa Rita. Tal e coma explicou o Coordinador Xeral do colectivo o espectáculo contará, entre outros, con varios exercicios de Doma en rédeas longas e traballos de sincronización entre dous xinetes.

    Así mesmo, os que se acheguen ata a explanada TIR poderán admirala coreografía que a profesional Tamara Sánchez realizará xunto a outro xinete e o seu cabalo fusionando a danza galega e a oriental. Outro dos puntos fortes do espectáculo será o traballo en tándem.

    Cun exercicio con dous cabalos en liberdade, co que pretenden homenaxear a Rosalía de Castro, porase o colofón á exhibición. Ante esta programación, a edil de cultura de Vilagarcía, Ángeles Rodríguez, salientou que o éxito está garantido.

    Esta iniciativa enmárcase dentro do programa da Competición Copa Galicia de Pura Raza Galega deseñado pola Asociación.

    Redacción Salnés