Ellas son así

Dende o mes de decembro, TVSB emite Ellas son Así unha serie que amosa o xiro que toma a vida de catro irmás ó ter que enfrontarse á nova situación que representa a morte do seu pai, dono do restaurante El Placer, do que deciden facerse cargo. É a historia de catro mozas e unha nai que están un pouco tolas, todo hai que dicilo, e que reflicte, cada unha ó seu xeito, e sempre cunhas pinceladas de humor, á muller de hoxe en día que: traballa, coida nenos, organiza a casa… Iso si, sen esquecer estar sexy. Esta serie substitúe a ‘Periodistas’ ás 16 horas de luns a venres.

Así é ‘Ellas son así’

ellassonasi1.jpgCarmen (Mary Carmen Ramírez) e as súas catro fillas herdan o restaurante ‘El Placer’ á morte do seu marido e pai respectivamente. Ana (María Barranco), a filla maior e casada con Carlos, está decidida a reabrirlo xa que ser cociñeira é o soño de toda a súa vida, pero as súas irmás non están moi convencidas do negocio. Aínda que ó final conseguirá que todas a apoien co seu novo proxecto. Logo está Paula (Maribel Verdú) que é a máis soñadora das catro irmás e encargarase da contabilidade do local do negocio.

As dúas féminas que faltan neste cuarteto de irmás son Eva (Neus Asensi) e Nuria (Maríamariabarranco.jpg Adánez). A primeira, de profesión peluquera, decide romper coa súa vida, deixando o seu emprego e ó pouco tempo separándose do seu marido Octavio, para embarcarse neste negocio no que se ocupará das relacións públicas. Nuria é a irmá máis nova, estuda psicoloxía e é a alma solidaria do grupo. A tanta figura feminina, a replíca varonil no restaurante poñerana Gandarias (Santiago Ramos) que é o cociñeiro, Octavio (Quique San Francisco) e o actor Fernando Ramallo, que dá vida ó fillo maior de Ana e Carlos.