RIANXO > A Casa de Cultura Cuartel Vello de Rianxo foi o escenario esta pasada fin de semana da presentación do libro O xene da chuvia, do que é autor Xosé Ricardo Losada Vicente.
No acto de presentación participaron ademais do autor os escritores, Anxo Angueira e Antón Riveiro Coello, así como o alcalde rianxeiro Pedro Piñeiro.
Un bo número de persoas asistiron esta pasada fin de semana ó acto de presentación do libro O xene da chuvia de Xosé Ricardo Losada Vicente que se desenvolveu na casa de cultura Cuartel Vello.
A obra, a primeira de relatos deste autor, consta de 35 contos ambientados en Rianxo, vila natal do escritor e está publicado en Edicións do Castro.
No acto de presentación acompañaron ó autor dous escritores de gran talla na literatura galega actual como é o caso de Anxo Angueira, que é ademais a persoa que prologa ó libro, e Antón Riveiro Coello, o presidente da Asociación Cultural Barbantia.Durante a súa intervención este último destacou a calidade da obra, escrito segundo el coa ironia e sutil intelixencia doutro gran autor rianxeiro como foi Rafael Dieste.Na presentación do libro tamén participou o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, que deste xeito quixo arroupar tamén a Xosé Ricardo Losada Vicente neste importante momento.
Redacción Barbanza