Máis vixilancia policial na Pobra

    POBRA > A Policía Local da Pobra do Caramiñal ten previsto incrementa-la vixilancia no municipio a raíz dos roubos acontecidos nos últimos días.Nestas laboras a Policía Local pobresa contará coa colaboración dos axentes da Garda Civil.

    A pesar de que a magnitude dos roubos non foi moi grande a Policía Local da Pobra do Caramiñal ten previsto incrementa-la vixilancia na localidade para que non vaian a máis segundo confirmou o propio Xefe da Policía Local, Luís Gigirey.

    Na madrugada do pasado luns uns descoñecidos roubaron a caixa rexistradora e o diñeiro que quedaba no interior dunha tenda de artículos de regalo situada na rúa Castelao. Esa mesma noite tamén forzaron as portas de dous vehículos que se atopaban estacionados pola mesma zona.

    Polo de agora non hai pistas sobre as persoas que cometeron estes delictos aínda que se están a investiga-las probas atopadas nos lugares dos feitos.

     

    Redacción Barbanza