Rivas Fontán di que un informe da Xunta fai inviable o proxecto de Tafisa

    PONTEVEDRA > O concelleiro non adscrito do concello de Pontevedra, José Rivas Fontán, deu a coñecer hoxe un informe emitido pola Xunta sobre a modificación puntual do Plan Xeral referida ós terreos de Tafisa. Segundo o edil as observacións feitas pola administración autonómica fan inviable o proxecto previsto polo goberno local. A pesares de que non se emite explicitamente un dictame, Ribas Fontán considera que cos erros detectados este sería moi desfavorable.

    Entre as observacións, Rivas Fontán destaca que o aproveitamento dos terreos de Tafisa non se pode considerar como unha simple modificación puntual senón que debería ser a través dunha revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana. Ademais, segundo o informa da Xunta, a normativa obriga a considerar o solo como urbano non consolidado, o que non se xustifica na modificación.

    Rivas Fontán sinala que no informe se advirte da falta do Estudo de Sostibilidade Ambiental e do Estudo sobre Impacto Territorial e Paisaxístico, obrigatorio por estar lindando co río Lérez. Tamén se di que a edificabilidade non está correctamente computada e rexeita o cálculo do 20 por cento da superficie destinada a vivenda protexida. Rivas Fontán lembra que el mesmo xa fixera estas advertencias e asegura que de aprobarse esta modificación estaría disposto a denunciar o asunto ante o xulgado do penal.

    Redacción Salnés