A Deputación da Coruña entrega os premios de turismo

BARBANZA> O presidente Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e o vicepresidente e responsable de Turismo do organismo provincial, Xosé Regueira, foron os encargados de presidir esta primeira edición da Gala de Turismo organizada polo ente provincial.

Nas súas intervencións, os dous destacaron a importancia de fomentar un turismo de calidade que impulse a economía local cun enfoque responsable.

Esa foi unha das premisas á hora de elixir ós proxectos gañadores.

Entre os premiados nesta primeira edición atopábase Dolores García, copropietaria do restaurante Casa Peto, de Outes. Foi recoñecida pola súa traxectoria de toda unha vida dedicada ó sector turístico e á preservación da gastronomía local.

Tamén resultaron premiados o Hotel-Restaurante Balarés, de Ponteceso, á mellor iniciativa de innovación e calidad turística; o Bela Fisterra, en Fisterra, recoñecido pola súa contribución á sostenibilidade social e o proxecto de Sergio Muíño ‘Eu fun de vivo’, de San Andrés de Teixido, en Cedeira, que recibiu o distintivo á mellor posta en valor da autenticidade do territorio.

O outtro dos premios entregados, o de mellor proxecto turístico emerxente, foi para ‘Ruta Nacional VI’, un ‘road trip’ pola estrada Nacional VI entre Madrid e a Coruña.

Ademais dos premios principais, a Deputación tamén entregou distintivos ós 8 xeodestinos da provincia, entre os que se atopaban tamén o da mancomunidade Barbanza-Arousa e o da Ría da Estrela de Muros-Noia.