O goberno ribeirense aproba a nova ordeanza fiscal de xestión e recadación de tributos

    RIBEIRA> No pleno o equipo de goberno anunciou tamén a conxelación das taxas e impostos municipais para o vindeiro ano e a inclusión de novas bonificacións. A nova Ordenanza Xeral de Xestión, Recadación e Inspección dos Tributos e doutros Ingresos aprobada no pleno de onte vén a substiuir á ata de agora vixente, que databa do ano 1986. Entre as principais novidades introducidas por esta nova ordenanza, cómpre destacar o Sistema Especial de Pago, pola que os cidadáns que o soliciten poderán pagar de forma fraccionada e mediante domiciliación bancaria o Imposto de Bens Inmobles e o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, sen que lles sexa esixible o pago de xuros de demora nin a prestación de garantías. No pleno aprobouse tamén unha bonificación do 100% na cota para os vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos. Outro dos cambios máis salientables fai referencia ó Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras. A partir de agora non será esixible licenza urbanística para algunhas obras de conservación consistentes na substitución de acabados interiores dunha vivenda.