Arte urbano para combater ó ‘feísmo’ en Ribeira

RIBEIRA> Para combater ó ‘feísmo’, o Concello de Ribeira desenvolve unha serie iniciativas pintando muros e fachadas deterioradas. A última actuación, un gran mural nun céntrico edificio no que se pintou o Faro de Sálvora.

Arte urbano contra muros e fachadas en mal estado. Non cabe dúbida de que ante fachadas en mal estado, son preferibles outras nas que se podan ver muráis nos que se poidan ver, por exemplo, o faro de Sálvora.

Trátase da última iniciativa do executivo de Ribeira para acabar co feísmo,  grandes murais para embelecer a cidade. Ata o de agora, leváronse a cabo nas entradas á vila. Un dos primeiros pintouse no ano 2016 en homenaxe a Festa da Dorna. Os veciños móstranse contentos ante estas iniciativas.

Ante a boa acollida, o executivo asegura que está a traballar para poder ofrecer unha liña de axudas. A golpe de brochazo e confiando no bo facer de artistas locais, o concello de Ribeira está a por a cidade máis bela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí