VILAGARCÍA > Os taxistas da comarca uníronse os de toda España en solidariedade polo último asasinato en Bilbao. As medidas de seguridade cos que contan estes vehículos son insuficientes, sobre todo nas grandes cidades, polo gran índice de delincuencia rexistrado. Segundo os taxistas da comarca a solución estaría no aumento das subvencións para a instalacións de biombos e sistemas GPS.
Unha ducia de taxistas se manifestaron esta mañá na Praza de Galicia de Vilagarcía en solidariedade polo último asasinato neste sector rexistrado en Bilbao. O paro de actividade desenvolveuse de doce da mañá a unha da tarde e tiña como obxectivo reivindicar máis axudas para aumentar a seguridade neste traballo.
Aínda que nas grandes cidades os perigos ós que cada día se enfrontan os taxistas son maiores, na Comarca xa foron moitos os roubos e asaltos. Unha situación de medo que se incrementa polas noites.
Para estes traballadores a solución estaría nun aumento das subvencións. Os coches deberían contar cun sistema GPS e por suposto coa instalacións de biombos de separación entre o conductor e os clientes. Esta sería a única vía para asegurar ó 90 por cen a seguridade dos taxistas.
Redacción Salnés