A Real Philarmonía de Galicia actuará en Vilagarcía o vindeiro venres

    VILAGARCÍA >Unha das orquestras máis esperadas chega a Vilagarcía este mes. Trátase da Real Filharmonía de Galicia que actuará o vindeiro 16 de decembro as nove da noite no auditorio municipal. A Agrupación musical dirixida por Manuel Valdivieso trae un repertorio de tangos único en Galicia.

    Caixanova e o Concello de Vilagarcía traen  o vindeiro 16 deste mes un espectacular concerto da man da orquestra Real Filharmonía de Galicia. O programa co que deleitarán ó público é único na nosa comunidade, comezara con Darius Milhaud de Saúdes do Brasil para continuar por Astor Piaxxolla e os tangos de Astor Piazzolla.

     

    As entradas teñen un custe de once, dez ou oito euros dependendo da situación do asento no Auditorio. Poden adquirirse na páxina web www.caixanova.es , vía telefónica márcando o número 902.504.500 ou ben o mesmo día da función na taquilla do Auditorio. Esta actuación pecha o ciclo do convenio entre ámbalas dúas entidades aínda que xa está lista a programación do vindeiro ano.

    Redacción Salnés