Novo escándalo urbanístico en Boiro

    BOIRO > Cristina Silva, unha veciña de Boiro ten previsto presentar unha denuncia contra o Alcalde, Xosé Deira, o Concelleiro de Urbanismo, Xoán León, e mesmo o secratario municipal por un presunto delicto de prevaricación.

    De novo un problema urbanístico volve a estar de actualidade no concello de Boiro. Se anteriormente as denuncias ían dirixidas cara o Concelleiro de Urbanismo, Lois Fajardo, que mesmo tivo que presenta-la súa demisión debido ás supostas ilegalidades cometidas na construción da súa vivenda no lugar de Chancelas, agora quen pode verse afectado é o propio alcalde, Xosé Deira.

    Unha veciña de Boiro, Cristina Silva, solicitaba o pasado mes de maio  no concello a correspondente licenza de obras para a construción dunha vivenda no lugar de Exipto na parroquia de Abanqueiro. Van alá máis de dez meses e a pesar de cumprir tódolos requisitos esixidos aínda non obtivo a licenza.

    O feito de que a súa parcela estea contigüa á vivenda do alcalde pode se-la causa da disputa e o retraso na tramitación da mesma.

    Cristina Silva non entede esta actitude do alcalde que lle impide a realización da súa vivenda a pesar de ter toda a documentación e regra.

    Por esta razón ten previsto emprender accións xudiciais contra o propio alcalde, o concelleiro de Urbanismo, Xoán León, e mesmo o secretario municipal por un presunto delicto de prevaricación.

    Redacción Barbanza