SANXENXO> O BNG culpa ao alcalde de Sanxenxo e ao presidente da Xunta de Galicia da falta de facultativos do PAC de Baltar. Dende a formación denuncian que a saturación dos sanitarios impiden que o centro non desenvolva unha atención de calidade. Piden á Xunta que garante un servizo digno da atención primaria.
O BNG ponse do lado dos sanitarios do PAC de Baltar para denunciar a situación laboral que na que se atopan. O centro conta na actualidade con preto de 15 prazas desocupadas, o que provoca que o persoal teña que traballar máis horas e atender ao dobre de pacientes. Dende o BNG culpan ao alcalde de Sanxenxo e á Xunta de Galicia.
Ante esta situación, o persoal sanitario vese obrigado a realizar numerosas tarefas entre elas o seguimento dos positivos covid. A situación agrávase cando un médico ten que desprazarse cun paciente a un hospital.
Dende o BNG sinalan que esta situación non é un feito puntual, se non que a Xunta maltrata a sanidade e especialmente, a atención primaria. Unha
As nacionalistas mostran a súa preocupación non só polo PAC, se non tamén polo elevado número de contaxios de Sanxenxo. A líder da formación na vila pide a Telmo que tome máis medidas como solicitar a toda a poboación que use a máscara nas zonas máis confluídas.
Pola súa parte, o alcalde matiza que xa solicitou que se ampliara ao persoal pero non se puido levar a cabo pola falta de sanitarios.
Dende o BNG piden a Telmo Martín que esixa á Consellería de Sanidade que cubra as prazas valeiras do PAC de Sanxenxo. Tamén esixen á Xunta que dote aos traballadores dunhas condicións dignas para que os sanitarios non abandonen a comunidade.