O polígono industrial da Teixoeira máis preto

    POBRA > Isaac Maceiras valorou moi positivamente a xuntanza mantida coa Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, durante a cal se analizaron diversos asuntos de importancia para o municipio.Tanto a titular de Vivenda coma o rexedor pobrés coincidiron na necesidade de habilitar chan industrial na localidade e a construción de máis pisos de protección para facilita-lo acceso dos xoves á súa primeira vivenda.

    O alcalde da Pobra do Caramiñal Isaac Maceiras volveu moi satisfeito da súa xuntanza coa Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas. Na reunión o rexedor pobrés abordou varios temas de importancia para o desenvolvemento do municipio como é o caso da necesidade de crear máis chan industrial na localidade.

    A titular de Vivenda informoulle ó alcalde que o estudo de viabilidade sobre o polígono industrial da Teixoeira, que será compartido polos concellos de Ribeira e Pobra do Caramiñal, estará listo no mes de xaneiro. A extensión que pretende darse a este parque empresarial é dun millóns de metros cadrados, unha superficie suficiente para satisface-las demanadas de chan industrial da zona.

    Outro dos asuntos abordados na xuntanza de onte foi o relativo á construción de pisos protexidos, tanto auqles que promove directamente a Xunta coma os que realizan construtores particulares.

    A consellerira de Vivenda explicoulle ó rexedor pobrés de que antes de que remate o presente ano estará aprobado o decreto polo que se regularán as actuacións en materia de protección en Galicia.

     

    Redacción Barbanza